lunes, 1 de octubre de 2012

O Celta segue sen mollar lonxe de Balaídos

Toño amarga al Celta O bo fútbol do Celta vólvese a quedar sen premio. Só un mal inicio do partido lastrou aos homes de Paco Herrera, que dominaron ao seu rival tras o gol de Iago Aspas.
O cadro celeste buscou, e mereceu, o tanto do empate pero Toño desbaratou todas as acometidas dun equipo que segue sen puntuar lonxe de Balaídos. O Celta repetiu os erros habituais nesta tempada. Os homes de Paco Herrera saltaron fríos ao tapete dos Cármenes. Os célticos sofren para entrar nos partidos. E iso é unha peaxe que se paga demasiado caro en Primeira División. A Granada, que apenas fixera méritos, bastouse cun penalti claro labor por Bellvís e cunha boa xogada de Siqueira para adiantarse no marcador. O lateral brasileiro convertíase en protagonista. Abría a lata ao transformar a pena máxima e, cinco minutos despois, asistía a Torje para que o romanés anotase o segundo da mañá. O duelo púñase costa arriba para os intereses do cadro celeste. Con todo, aínda quedaba moito por xogar. O Celta tirou de caste e reaccionou. Iago Aspas botouse o equipo ás costas e reduciu distancias pouco despois do segundo tanto dos branquivermellos. O moañés, coa colaboración de Toño, volvía meter no partido aos seus. O "10" céltico dedicaba a súa celebración á afección dunha Granada que non parou de pitar ao canteirán. O Celta era o claro dominador do encontro. Arrinconaba ao seu rival en busca do empate. As ocasións comezaban a sucederse. Augusto perdoou só coa portaría baleira. O seu remate de cabeza íase ao ceo de Granada. Iago Aspas tamén tivo oportunidades para aumentar a súa renda Celta siguío sendo superior á Granada. Os locais só se asomaban á través de xogadas a balón parado. O conxunto vigués seguía creando ocasións. Todas elas atopábanse cun Toño que estaba imperial. A meta local volvía impedir o segundo tanto de Iago Aspas. Esta vez despexando o esférico co pé. Como un porteiro de balonmán. O ex do Racing de Santander seguía opositando a converterse no mellor xogador do partido. Ao fío do minuto 90, unha man súa enviaba a córner un disparo axustado de Park. Toño repetía a súa actuación do Camp Nou. Aínda que, esta vez, si botara o ferrollo.